Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Benvida


VALGA, PARAISO RURAL

 O Concello de Valga atópase nunha privilexiada zona das Rías Baixas.

Pertence á provincia de Pontevedra e consta de cinco parroquias: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Xanza e Valga. Ocupa unha extensión de 40 km cadrados, e actualmente conta con 6.141 habitantes.

Dous elementos naturais conforman a súa paisaxe: a montaña e o río. Na montaña descóbrese unha gran cantidade de restos arqueolóxicos, mentres que o río, ademais da pesca de lamprea, troita, anguía... deixa ao seu paso unhas praderías coñecidas como "Brañas".

Valga é rica en arquitectura, tradicións, paisaxe, historia...pero sobre todo, en boa xente.