Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Emprego

Servizo de Formación, Orientación e Emprego

 

O PLAN LOCAL DE EMPREGO ten coma finalidade  fomentar  a participación dos colectivos sociais, educativos e tecido empresarial, no deseño, desenvolvemento e execución da política municipal orientada á creación e  mellora do emprego no  municipio.

Neste Plan, contemplaranse  actuacións que se están desenvolvendo na actualidade  polo Servizo de Formación, Orientación e Emprego e que se agrupan en:

  • Orientación Laboral
  • Accións formativas
  • Intermediación Laboral
  • Sensibilización empresarial
  • Fomento da contratación
  • Información e difusión sobre o emprego.
  • Facilitación de recursos