Concello de ValgaMuseo histórico local de Valga
O Arquivo Histórico-Social de Valga comeza a súa andadura no ano 1996, ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas a Don Xesús Ferro Couselo, coa exposición fotográfica da súa historia de vida. A partires desto realízanse unha serie de accións que teñen como finalidade consolidar a creación do Museo Histórico Local.
O obxectivo é construir a historia local do Concello de Valga, utilizando distintas ferramentas metodolóxicas de investigación e contando coa participación da poboación co fin de que sexa materializado na creación dun Museo Histórico Local, concebido como recurso didáctico e pedagóxico a desenvolver a través das novas tecnoloxías.
Trátase dun proxecto dinámico e aberto a novas incorporacións ó longo do tempo. Utilizando distintas metodoloxías, intentarase deixar constancia da vida local de Valga dentro da historia, a través de distintos centros de interés: persoaxes ilustres, costumes, cultura, economía, etnografía, etc.
![]() |
![]() |
![]() |
Areas do Museo histórico de Valga
O Museo Histórico Local vai constar das seguíntes áreas:
Casa da historia "A Bella Otero"
![]() |
![]() |
![]() |
Este Centro de interpretación configurase como un centro polivalente de actividades culturais en torno á personaxe "A BELLA OTERO", que pola súa singularidade e amplo coñecemento a nivel mundial ten un claro potencial para a proxección de Valga cara o exterior, covertindo a personaxe nun punto de interese cultural e turístico, pola impronta que da a unha época da historia, de gran repercusión mundial como é a "Belle Epoque".
O Concello de Valga considera vital realizar a montaxe do proxecto "CASA DA HISTORIA", que contará cunha exposición ordenada e organizada cronoloxicamente dacordo ós capítulos e sucesos da historia da personaxe e dentro dun contexto socio- económico e político a nivel mundial. Tamén se reflexará o papel da muller ó longo da historia e a súa contribución á sociedade.
Valga na historia
Eido Etnográfico