Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Histórico de novidades

COLEXIOS E COLECTIVOS DE VALGA, PONTECESURES, VILAXOÁN, PORTAS, RIVEIRA E TRAZO VISITARON DURANTE ESTA SEMANA O BELÉN ARTESANAL

COLEXIOS E COLECTIVOS DE VALGA, PONTECESURES, VILAXOÁN, PORTAS, RIVEIRA E TRAZO VISITARON DURANTE ESTA SEMANA O BELÉN ARTESANAL
- Na tarde de mañá sábado está prevista a chegada dun grupo de 70 peregrinos que están a facer o Camiño Portugués
 
- Para a próxima semana xa teñen concertada visita centros escolares e asociacións de Moraña, Ferrol, Pontevedra ou Vilagarcía

A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ EN NADAL CATRO SESIÓNS DE CINE INFANTIL

A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ EN NADAL CATRO SESIÓNS DE CINE INFANTIL

- A actividade de conciliación é organizada pola ANPA do colexio de Baño coa colaboración do Concello

- O mesmo colectivo promove na tarde do día 30 unha solta de lanternas de papel no Parque Irmáns Dios Mosquera

A ILUSIÓN DO NADAL CHEGA AOS NENOS DE VALGA A TRAVÉS DUNHA VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

A ILUSIÓN DO NADAL CHEGA AOS NENOS DE VALGA A TRAVÉS DUNHA VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

- O alumnado das unitarias de Chenlo, Campaña, Vilarello, Forno, Fereirós e Xanza pediulle moitos regalos para Noiteboa

- A conexión con Laponia realizouse dende a Aula CeMIT do Auditorio

A ESCOLA INFANTIL CELEBRA O VINDEIRO LUNS UN FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DOS NENOS ENFERMOS DE CANCRO

A ESCOLA INFANTIL CELEBRA O VINDEIRO LUNS UN FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DOS NENOS ENFERMOS DE CANCRO

- O evento terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 15:30 horas e incluirá sorteos, degustación de produtos e xogos cos personaxes da Patrulla Canina

- A escola xa recaudou entre os meses de outubro e novembro 249 euros para a Asociación Española contra o Cancro dentro da campaña “Súmate ao rosa"

A VALGUESA BELÉN SENÍN SANTIAGO PROCLÁMASE GAÑADORA DO XVIII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

A VALGUESA BELÉN SENÍN SANTIAGO PROCLÁMASE GAÑADORA DO XVIII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

- O galardón, que autora recollerá este sábado en Mondoñedo, inclúe 1.500 euros, unha placa e un diploma

- O poemario “A Culpa” parte das figuras de Eva, Pandora e Lilith para afondar en temas como o amor, o existencialismo e o feminismo

UN FESTIVAL BENÉFICO REUNIRÁ ESTE DOMINGO FONDOS PARA A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

UN FESTIVAL BENÉFICO REUNIRÁ ESTE DOMINGO FONDOS PARA A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

- O donativo para asistir como público é de dous euros por persoa

- Sortearanse agasallos aportados por distintas asociacións do municipio

“O FÚTBOL É UN IDIOMA UNIVERSAL, É COMA O CÓDIGO DE CIRCULACIÓN”

“O FÚTBOL É UN IDIOMA UNIVERSAL, É COMA O CÓDIGO DE CIRCULACIÓN”
No primeiro partido que arbitrou en Primeira División, no ano 2001, as cámaras de televisión enfocárono e o teléfono da súa nai empezou a botar fume. Agora, dezaséis anos despois, a Alfonso Costoya Rodríguez (Cordeiro, 1975) xa é habitual velo correr a banda dos estadios da máxima categoría do fútbol español integrando o único trío arbitral galego de Primeira como asistente de Ignacio Iglesias Villanueva. Antes fórao de Bernardino González Vázquez.
 
Cunha das profesións máis ingratas, está tan afeito a convivir coas críticas que apenas lle afectan. Pero tamén lle chegan os recoñecementos, neste caso por parte dos seus veciños. Conta cunha figura no Belén Artesanal en Movemento arbitrando, nada máis e nada menos, que un clásico entre o Real Madrid e o Barcelona, un dos poucos partidos nos que aínda non actuou.

ADRIÁN FERRO É O NOVO RESPONSABLE DO GRUPO DE EMERXENCIAS DE VALGA

ADRIÁN FERRO É O NOVO RESPONSABLE DO GRUPO DE EMERXENCIAS DE VALGA

Con 26 anos de idade e veciño de Baño forma parte do GES dende a súa constitución no ano 2014

O seu nomeamento ven dado pola carga de traballo que viña recaendo sobre José Manuel Otero, responsable tamén da Policía Municipal e da agrupación de voluntarios de Protección Civil

UNHAS OITO MIL PERSOAS VISITARON O BELÉN ARTESANAL NA SÚA PRIMEIRA SEMANA DE APERTURA

UNHAS OITO MIL PERSOAS VISITARON O BELÉN ARTESANAL NA SÚA PRIMEIRA SEMANA DE APERTURA

- As xornadas festivas do mércores e o venres foron as de maior afluencia de público, con 2.000 e 1.500 persoas respectivamente

- Nos vindeiros días colexios de Valga, Pontecesures, Vilaxoán e Portas achegaranse a ver o nacemento

O GES SOCORREU A UN CONDUCTOR AO QUE LLE CAEU UNHA ÁRBORE SOBRE O COCHE CANDO CIRCULABA POR UNHA ESTRADA EN CERNEIRA

- Tamén en Vilar tiveron que actuar os efectivos de emerxencias polo desprendemento dunha árbore

- O paso subterráneo da Devesa quedou cortado ao tráfico por estar anegado a consecuencia das intensas chuvias

CINCO EQUIPOS DISPUTARON NO PAVILLÓN DE BEIRO UN TORNEO DE FÚTBOL BIBERÓN ORGANIZADO POLO CORDEIRO

CINCO EQUIPOS DISPUTARON NO PAVILLÓN DE BEIRO UN TORNEO DE FÚTBOL BIBERÓN ORGANIZADO POLO CORDEIRO

- Os xogadores, de ata 6 anos de idade, gozaron dunha xornada de convivencia e práctica deportiva

- O alcalde e o concelleiro de Deportes entregaron os trofeos e medallas a todos os participantes

O CONCELLO ADXUDICA Á EMPRESA COVSA AS OBRAS DO SANEAMENTO DE MARTORES

O CONCELLO ADXUDICA Á EMPRESA COVSA AS OBRAS DO SANEAMENTO DE MARTORES

- O proxecto, co que se vai dotar ao lugar de rede de sumidoiros, conleva unha inversión de 350.362 euros

- A instalación do colector e dos pozos de rexistro permitirá eliminar as fosas sépticas e pozos negros

A CRUZ ALTA DE MAGARIÑOS XA ESTÁ REUBICADA TRALO PROCESO DE RESTAURACIÓN AO QUE FOI SOMETIDA

A CRUZ ALTA DE MAGARIÑOS XA ESTÁ REUBICADA TRALO  PROCESO DE RESTAURACIÓN AO QUE FOI SOMETIDA

- O cruceiro quedara roto nunha quincena de fragmentos tralo accidente dun camión

- A Dirección Xeral de Patrimonio autorizou o seu traslado para garantir a súa conservación

O ALCALDE E OS ARTISTAS PEPE POTEL E ÁNGELES GARRIDO INAUGURAN NO AUDITORIO A EXPOSICIÓN “A DÚAS MANS”

O ALCALDE E OS ARTISTAS PEPE POTEL E ÁNGELES GARRIDO INAUGURAN NO AUDITORIO A EXPOSICIÓN “A DÚAS MANS”
- A mostra reúne unha vintena de obras, entre pinturas paisaxísticas e debuxos 
 
- Compañeiros de taller en Xanza, os dous pintores levan máis de dúas décadas promocionando esta disciplina artística en Valga