Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Lista de novidades

O ALBERGUE DE VALGA EXERCE DE MODELO PARA A RUTA DE PEREGRINACIÓN XAPONESA SHIKOKU-HENRO NA BUSCA DA SÚA DECLARACIÓN COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O ALBERGUE DE VALGA EXERCE DE MODELO PARA A RUTA DE PEREGRINACIÓN XAPONESA SHIKOKU-HENRO NA BUSCA DA SÚA DECLARACIÓN COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE

- Unha delegación da illa nipona Shikoku visitou as instalacións para peregrinos acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e o xerente do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez

- O rexedor convidounos a percorrer, cando teñan oportunidade, o tramo do Camiño de Santiago que discorre polo municipio, un dos máis fermosos da ruta portuguesa

O XURADO DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN XESÚS FERRO COUSELO REUNIUSE ESTE MEDIODÍA PARA ELIXIR AOS GAÑADORES DAS DÚAS MODALIDADES

O XURADO DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN XESÚS FERRO COUSELO REUNIUSE ESTE MEDIODÍA PARA ELIXIR AOS GAÑADORES DAS DÚAS MODALIDADES

- Presidido polo alcalde, o tribunal estivo integrado por Pegerto Saavedra Fernández, Xulio Rodríguez González, Pablo Sánchez Ferro e Marcial Gondar Portasany

- Un total de sete traballos concorreron ás dúas modalidades do certame, convocado polo Concello de Valga e que quere promover e incentivar os estudos actuais de investigación

A ESCOLA DE VERÁN PROMOVE A IGUALDADE ENTRE OS MÁIS PEQUENOS E ACHÉGAOS AO MUNDO DA ROBÓTICA

A ESCOLA DE VERÁN PROMOVE A IGUALDADE ENTRE OS MÁIS PEQUENOS E ACHÉGAOS AO MUNDO DA ROBÓTICA

- A exposición de debuxos Infancia Crea xa pode verse no Auditorio Municipal

- As rutas turísticas "Valga a pé" continuaron esta semana cunha camiñata ata a ponte romana de Campaña

A UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA GALEGA DO SANGUE RECADOU ONTE EN VALGA 51 DOAZÓNS

A UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA GALEGA DO SANGUE RECADOU ONTE EN VALGA 51 DOAZÓNS

- Catro das persoas que se achegaron ao autobús a doar facíano por vez primeira

- O municipio acadou durante o ano 2016 unha taxa de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes, moi preto do recomendado pola Organización Mundial da Saúde

VILARELLO ACOLLE O VINDEIRO LUNS A SAÍDA DA TRAVESÍA EN DORNA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

VILARELLO ACOLLE O VINDEIRO LUNS A SAÍDA DA TRAVESÍA EN DORNA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

- As embarcacións tradicionais tomarán a saída ás 16 horas na praia fluvial para surcar os ríos Ulla e Sar ata Padrón

- A actividade "Inchadiña branca vela" é un tributo das xentes do mar e da cultura tradicional marítimo-fluvial á autora de "Cantares Gallegos"

O CAMPAMENTO DE VERÁN LEVA A 80 ALUMNOS E PROFESORES DA ESCOLA DE MÚSICA ATA A LOCALIDADE PORTUGUESA DE BRAGANÇA

O CAMPAMENTO DE VERÁN LEVA A 80 ALUMNOS E PROFESORES DA ESCOLA DE MÚSICA ATA A LOCALIDADE PORTUGUESA DE BRAGANÇA

- Na actividade, que se desenvolve entre os días 24 e 30 de xullo, participan nenos e mozos de entre 10 e 20 anos de idade

- Recibirán clases de técnica instrumental e realizarán ensaios colectivos, ademais de actuar ante o público luso

PAVÍS PAVÓS OFRECEN UNHA SESIÓN DE CONTOS NA CASA DA CULTURA DE VALGA

PAVÍS PAVÓS OFRECEN UNHA SESIÓN DE CONTOS NA CASA DA CULTURA DE VALGA

- A actividade, dirixida a nenos a partir de 4 anos de idade, está programada para o xoves día 20 ás 11 da mañá con entrada libre e gratuíta

- As historias tratan sobre as diferenzas na sociedade e as desigualdades e queren transmitir valores contrarios ao machismo ou ao racismo

O GOBERNO LOCAL PROPÓN O 2 DE FEBREIRO E O 10 DE AGOSTO COMO FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2018

- O 2 de febreiro é o día da Candelaria, cando se celebra en Cordeiro a procesión dos lacóns, e o 10 de agosto venérase na Devesa a Nosa Señora dos Desamparados

- Ambas datas coinciden en venres, de maneira que non se prexudique o funcionamento e a produción das empresas do municipio, explica o alcalde

TRES NENAS SAHARAUÍS PASAN O VERÁN EN VALGA CON FAMILIAS DE ACOLLIDA

TRES NENAS SAHARAUÍS PASAN O VERÁN EN VALGA CON FAMILIAS DE ACOLLIDA

- Chegaron na madrugada do 7 de xullo e permanecerán no municipio, no que están plenamente integradas, ata comezos do mes de setembro

- O programa "Vacacións en Paz" permítelles fuxir das altas temperaturas do deserto, someterse a revisións médicas e contar cunha boa alimentación durante dous meses

O CONCELLO RECIBE DÚAS OFERTAS PARA EXPLOTAR A CAFETERÍA DA PRAIA FLUVIAL DE VILARELLO

O CONCELLO RECIBE DÚAS OFERTAS PARA EXPLOTAR A CAFETERÍA DA PRAIA FLUVIAL DE VILARELLO

- A mesa de contratación reunirase nos vindeiros días para elixir a proposta máis ventaxosa atendendo aos seguintes criterios: o proxecto de explotación, o equipamento e mobiliario co que se dotará ao local e o maior canon ofertado

- O contrato terá unha duración de dous anos e poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes, ata un máximo de catro exercicios

O GRUPO DE EMERXENCIAS DE VALGA RETIRA NUNHA SEMANA SETE NIÑOS DE VESPA VELUTINA

O GRUPO DE EMERXENCIAS DE VALGA RETIRA NUNHA SEMANA SETE NIÑOS DE VESPA VELUTINA

- Dous foron detectados no municipio, en Xanza e Ferreirós, e os outros cinco en Pontecesures, Abalo e Dimo

- Segundo os datos da Consellería de Medio Rural, en Valga téñense eliminado no que vai de ano entre 26 e 100 niños desta especie

O AUDITORIO ACOLLEU O CONCERTO DE CLAUSURA DA III MASTERCLASS DE TROMBÓN E TROMPETA

O AUDITORIO ACOLLEU O CONCERTO DE CLAUSURA DA III MASTERCLASS DE TROMBÓN E TROMPETA

- Os vinte e seis alumnos de distintos lugares de Galicia e de España que participaron no curso actuaron xunto aos seus mestres Martin Schippers e Omar Tomasoni

- A interpretación de distintas pezas musicais ensaiadas durante esta semana estivo seguida da entrega de diplomas

VINTE E CATRO EQUIPOS COMPITEN DESDE HOXE NO SÉTIMO TORNEO DE FÚTBOL SALA DE VALGA

VINTE E CATRO EQUIPOS COMPITEN DESDE HOXE NO SÉTIMO TORNEO DE FÚTBOL SALA DE VALGA

- Participantes de Valga, Vigo, Pontevedra, Boiro, Cuntis, Caldas, Portas e Padrón dispútanse a vitoria no pavillón municipal de Baño

- O Concello colabora na actividade, que reparte máis de 1.000 euros en premios entre os tres primeiros clasificados

BANDOS

Actualizados a 14/07/2017