Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

O CONCELLO AGASALLA A MARÍA CASTAÑO TARRÍO, VECIÑA DE BEIRO, CUN RAMO DE FLORES E UNS DOCES POLO SEU 101 ANIVERSARIO

- O alcalde e a concelleira de Cultura visitaron á centenaria para felicitala en nome do goberno municipal

- É a terceira muller máis lonxeva de Valga, despois de Dolores Gil Núñez e María Bouzas Senín

07/08/2017

María Castaño Tarrío, veciña de Beiro, cumpre hoxe 101 anos e por ese motivo recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, e da concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, que a felicitaron en nome do goberno municipal e agasallárona cun ramo de flores, unha tarta e bombóns.

Esta veciña da parroquia de Cordeiro é a terceira muller do municipio que alcanza os 101 anos de idade, despois de Dolores Gil Núñez, de Magariños, e María Bouzas Senín, de Cerneira, que cumpriron anos hai unhas semanas. As tres son, polo momento, as únicas valguesas centenarias.