Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

A COMPAÑÍA TARABELOS CHEGA Á CASA DA CULTURA CUN OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

- A actividade, organizada polas bibiliotecas municipais, desenvolverase o vindeiro mércores ás 11 horas

- Os nenos participantes poderán exercitar a súa imaxinación e creatividade pintando un gran mural despois de escoitar un relato

11/08/2017

A Casa da Cultura de Valga acolle o vindeiro mércores 16 de agosto o “Obradoiro de contos con Miró”, unha actividade organizada polas bibliotecas municipais dentro do programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia “Ler conta moito”.

A compañía de títeres e contacontos Tarabelos ofrece un obradoiro creativo e de narración oral dirixido a nenos a partir de 5 anos de idade que terán a oportunidade de coñecer o surrealismo de Miró e xogar a ser pintores e ilustradores de contos. Deste xeito, e despois de escoitar un relato, poderán botar man das pinturas para debuxar e colorear un gran mural cos personaxes da historia. Así, os rapaces poderán exercitar a súa imaxinación e creatividade.

A sesión está programada para as 11 da mañá con acceso gratuíto para todos os nenos que queiran participar.