Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

A XOVE BANDA DE VALGA E A MUNICIPAL DE CALDAS OFRECEN ESTE SÁBADO UN CONCERTO NO AUDITORIO

- As dúas agrupacións participarán a última fin de semana de novembro no XI Certame Galego de Bandas de Música Populares

- A entrada é de balde para todo o público que desexe asistir

14/11/2017

A música de banda regresa este sábado, 18 de novembro, ao Auditorio de Cordeiro da man da Municipal de Caldas de Reis, dirixida por Diego Fortes Conde, e a Xove Banda de Valga con Pedro José Torres Diz á batuta. Ambas agrupacións participarán os días 25 e 26 de novembro no XI Certame de Bandas de Música Populares de Galicia. A entrada ao concerto, que comezará ás 21 horas e forma parte do ciclo “Música coas nosas bandas”, é de balde para todo o público que desexe asistir.

A Xove Banda de Valga, formada por músicos de ata 20 anos, interpretará o pasodobre galego “Angrois”, a obra obrigada “Á maneira dos aires rapsódicos” de Xesús Xosé Iglesias González, “O demo de carboeiro” de Manuel Blanco Dosil, os mesmos temas cos que participará na sección terceira (bandas de ata 50 músicos) do Certame Galego. A actuación da agrupación valguesa neste concurso, que terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago, está prevista para as 17 horas do sábado 25 e terá como competidoras á Banda de Salvaterra do Miño, A Lira de Ribadavia, a Xuvenil de Vilatuxe e a Xuvenil de Meaño.

Pola súa parte, a Banda Municipal de Caldas de Reis participará na sección segunda xunto á Municipal de Sanxenxo e a Agrupación Musical da Limia. A este sábado no Auditorio será unha das últimas actuacións preparatorias de cara ao Certame para ambas agrupacións.