Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

OBRADOIRO DE EMPREGO 2017

Valga-Moraña

14/03/2017

Os concellos de Valga e Moraña veñen de acordar a firma dun convenio co fin de acollerse á orde de 8 de febreiro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, para solicitar financiación para a organización dun obradoiro de emprego nas súas localidades no ano 2017.

Este Obradoiro de Emprego vai supoñer para a comarca a creación de 25 postos de traballo (20 alumnos, 1 director/a 1 titor/a 2 monitores/as e 1 auxiliar administrativo/a) ademáis da riqueza indirecta que xenera na zona (compra de vestiario, materiales das obras, formación complementaria…)

Esta é a terceira vez que os dous concellos se aúnan para este fin e a experiencia di que é positivo repetila.

O primeiro Obradoiro conxunto celebrousa no concello de Moraña no ano 2015 e estaba destinado a menores de 25 anos inscritos no sistema de garantía xuvenil, cun total de 15 alumnos que se formaron en agricultura ecolóxica

No ano 2016 iniciouse otro proxecto no que a entidade xestora é o Concello de Valga. Na actualidade está a punto de rematar este obradoiro de emprego no que 20 participantes (11 mulleres e 9 homes) tiveron a oportunidade de formarse en  carpintería e albanelería, ademáis de contribuir na  mellora das instalación municipais do seus pobos participando nas obras de:

-Mellora dos elementos de carpintería da casa do concello de Valga

-Mellora dos elementos de carpintería do concello de Moraña e a casa da cultura A.D.R. Castelao

-Fabricación de contraventás para o centro de interpretación de Santa Xusta en Moraña

-Ampliación do pavillón de Beiro (Cordeiro-Valga)

-Reparación de cuberta na casa de cultura A.D.R. Castelao