Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

CONCERTO ART SOUND QUARTET

Sábado, 25

21.00 horas

21/03/2017
O vindeiro sábado 25 de marzo chega a Galicia un dos cuartetos de saxofón referentes en Europa. Art Sound Quartet realizará un concerto no Auditorio Municipal de Valga no medio das IV masterclass de saxofón que se realizarán toda a fin de semana. Unhas masterclass que tiveron unha gran acollida, e nas que se tiveron que ampliar prazas para acoller a todos os alumnos interesados. Este cuarteto gañou unha decea de premios en concursos nacionais e internacionais entre os que destacan os premios no Concurso de Música de Cámara de Laussane (Suiza) ou o Concurso Monserrat Alavedra (Cataluña).Realizaron concertos por toda a xeografía nacional e en cidades europeas cómo Lisboa, Oporto, Onsnabruck, Colonia, Frankfurt, Gotteborg, Estocolmo, Tallin, Basilea, Burdeos, etc. En 2012 gravaron o seu primeiro disco; Capriccio, e nestos momentos preparan novos proxectos. Entre os seus compoñentes atópase o galego Adrián Pais, saxofonista de Rianxo que realizou os seus estudos nas Illas Baleares e Burdeos e que actualmente reside en Galicia. 
O concerto será o sábado 25 ás 21:00 no Auditorio Municipal de Valga. A entrada é de balde.