Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

IX ENCONTRO INTERXERACIONAL

A Sementeira do trigo

05/04/2017

Hoxe pola mañá tivo lugar o encontro interxeracional no que nenos e maiores compartiron experiencias e voltaron a recuperar o noso patrimonio cultural.

Comezouse coa primeira parte do proceso de elaboración do pan, coa sementeira do trigo.

Unha xornada chea de alegría, traballo en equipo e chea de lembranzas.