Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

XXII CERTAME LITERARIO INTERCENTROS "LETRAS GALEGAS 2017"

- Alumnos dos colexios de Valga, Pontecesures e Catoira foron premiados polos seus relatos

- Actuaron as bandas Infantil e Xuvenil e o Coro da Escola Municipal de Música

13/05/2017

As comunidades escolares dos colexios Xesús Ferro Couselo e Baño de Valga, CPI de Pontecesures e Progreso de Catoira déronse cita no Auditorio de Cordeiro para conmemorar a próxima festividade das Letras Galegas coa XXII edición do Certame Literario Intercentros, organizado nesta ocasión pola ANPA Xesús Ferro Couselo.

O acto, presentado por Lidia Gallas, contou coa presenza dos alcaldes de Valga e Pontecesures, José María Bello Maneiro e Juan Manuel Vidal Seage, directores e mestres dos catro colexios participantes, pais e nais de alumnos e numerosos estudantes. Os autores dos mellores relatos foron premiados, quedando patente a gran labor dos rapaces neste ámbito.

Os galardoados cos segundos terceiros premios foron Elena Castaño Ordóñez (3º curso do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo), Irene Sanmarco Miguéns (4º do CEIP Plurilingüe de Baño), Adriano Paz Fernandes (5º do CPI Progreso) e Carmen Caldelas Magán (6º do CPI Pontecesures). Os terceiros premios recaeron en Andrea Iglesias Correa (6º curso do CPI Progreso), Saúl Blanco Piñeiro (4º do CPI Pontecesures), Nerea Cespón Rodríguez (3º CEIP Plurilingüe de Baño) e Laura Calvo Caamaño (5º do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo).

Roque Manuel Araujo Rodríguez (5º curso do CPI Pontecesures), Claudia Riveira Longa (3º do CPI Progreso), Miriam Fontás Castromán (6º do CEIP Plurilingüe de Baño) e Paula Vicente Lestido (4º do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo) recibiron os segundos premios. Os primeiros premios foron parar a mans de Samuel Rial Maneiro (6º curso do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo) coa obra “O ruido do silencio”, Rocío Camiño Boullón (3º do CPI Pontecesures) por “Os tres esquíos”, Alicia Rodríguez Outeda (4º do CPI Progreso) co relato “A aventura Illa do Cariño”, e Herea Eitor Lois (5º do CEIP Plurilingüe de Baño), autora da obra “Soños”. Os catro deron lectura aos traballos que lles valeron este recoñecemento.

A entrega de premios estivo amenizada polas actuacións das bandas Infantil e Xuvenil e o Coro da Escola de Música Municipal de Valga, sen que faltara unha proxección sobre a vida e obra de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Benito José Rey Bouzas, presidente da ANPA Xesús Ferro Couselo, organizadora do certame, agradeceu o apoio e colaboración do Concello de Valga coas asociación de pais de alumnos do municipio e fixo entrega ao alcalde, José María Bello Maneiro, dunha talla en madeira do novo escudo da vila. O rexedor agradeceu o agasallo e referiuse á xa ampla traxectoria do Certame Literario Intercentros. “Parece que foi onte cando comezou pero xa van 22 anos de percorrido. A sementeira dou os seus froitos e o Concello seguirá regándoa para que este certame continúe celebrándose”, afirmou o alcalde.

A interpretación do Himno Galego, con todo o Auditorio posto en pé, a cargo da Banda Xuvenil de Valga pechou o acto.