Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

O ENCONTRO COS NOSOS MAIORES REUNIU A CINCOCENTOS VECIÑOS DE VALGA

- Peregrina Martínez e José Magariños foron agasallados polo alcalde ao ser as persoas de mais idade na festa

- José María Bello Maneiro anunciou a próxima presentación do novo escudo e bandeira de Valga

15/05/2017

 

 

 

 

 

 

 

 

Medio milleiro de veciños de Valga participaron este domingo no Encontro cos Nosos Maiores, unha celebración coa que o Concello homenaxea á poboación máis veterana da vila. A xornada trascurriu nun ambiente totalmente festivo e tivo como primeiro acto unha misa no Auditorio oficiada polo párroco de Setecoros, Paulino Sánchez Rodríguez, e á que asistiron, ademáis de numerosos veciños, o goberno municipal co rexedor, José María Bello Maneiro, á cabeza; Daniel Barreiro Ramos, exalcalde de Valga; José Antonio Álvarez, sarxento da Garda Civil, e José Ignacio Martínez Alonso, xefe de servizo de Política Social da Delegación da Xunta en Pontevedra. A Coral Polifónica Santa Comba, dirixida por Manuel López Castro, actuou durante o acto relixioso, ó remate do cal o alcalde anunciou ós asistentes a próxima presentación do novo escudo e bandeira de Valga o domingo 28 de maio, animando a todos os valgueses a acudir cita ao Auditorio para coñecer os renovados símbolos do municipio.

A festa trasladouse a continuación ao pavillón municipal, onde os maiores degustaron un menú elaborado por personal municipal coa axuda dun grupo de veciños. Xa na sobremesa, o alcalde de Valga agasallou ao home e a muller de maior idade que asistiron ó Encontro. Estes recoñecementos recaeron en Peregrina Martínez Magariños, de 95 anos e veciña de Moldes (Cordeiro) e José Manuel Magariños Potel, de 97 anos e veciño do Sixto (Xanza). Durante a tarde sorteáronse numerosos agasallos donados por casas comerciais para rematar cun baile amenizado polo dúo Caché.

Fotos do Encontro cos Nosos Maiores: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.437646193266667.1073741834.328091587555462&type=1&l=0887dba074