Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

O CONCELLO CONVOCA AOS AFECTADOS POLAS OBRAS DA ESTRADA PO-548 PARA O PAGO DOS INTERESES DE DEMORA

Os afectados deben acudir á Casa Consistorial o día 22 de xuño de 10 a 11:30 horas

16/05/2017

O Concello de Valga convocou no día de hoxe a tódolos afectados polas expropiacións efectuadas debido ás obras de mellora da estrada PO-548 executadas hai anos na recta de Campaña e en Cordeiro. Estando pendentes de abonar por parte da Consellería de Infraestruturas os intereses e demora de ditas expropiacións, o Concello comunicou aos veciños afectados que o día 22 de xuño procederase ao pago das cantidades adebedadas.

Os expropiados foron convocados para o luns 22 de xuño na Casa Consistorial. Entre as 10 e as 11:30 horas serán recibidos por persoal técnico da Consellería que lles abonará as cantidades correspondentes.