Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA IMPARTE UN CURSO DE DIRECCIÓN

- Celébrase entre os días 26 e 28 de maio cos mestres Pere Molina González e Manuel Villar Touceda

18/05/2017

A Escola de Música Municipal de Valga organiza entre os días 26 e 28 de maio un curso de dirección musical impartido polos mestres Pere Molina González e Manuel Villar Touceda, director da Banda e da Escola de Música valguesas. A actividade, organizada polo Concello, a asiciación cultural Esmuval e Musival, conta cun plan de traballo que inclúe técnica e didáctica da dirección, análise e estudo do repertorio e práctica e ensaios coa agrupación. A obra a traballar é Karmmer Symphonie Op. 8 de Ermanno Wolf Ferrari, sendo a agrupación residente a Camerata Arven.

HORARIOS:

Venres, 26: De 11:30 a 14 horas, Didáctica e Técnica. De 16:30 a 18 horas, Análise da Partitura. De 18:30 a 20 horas, Estudo Técnico do Repertorio.

Sábado, 27: De 10 a 11:30 horas, Didáctica e Técnica. De 12 a 14 horas, Análise da Partitura. De 16:30 a 18:30, Ensaio Orquestra. De 19:30 a 20:30, Análise Ensaio. Ás 21 horas Concerto Camerata Arven.

Domingo, 28: De 10 a 11:30 horas, Didáctica e Técnica. De 12 a 14 horas, Práctica Orquestra. De 16:30 a 18 horas Análise do Ensaio. De 18:30 a 20 horas, Programación Orquestral.

PERE MOLINA GONZÁLEZ: Nace en Dénia (Alicante) e é director titular e artístico da Orquestra de Cámara de Valencia e director musical do Teatro Serrano de Gandía. Titulado nos conservatorios de Castellón e Valencia nas especialidades de trombón, tuba e Pedagoxía, gradúase de Dirección de Orquestra na Royal School of Shervone de Londres coas máis altas calificacións. No 2014 trasládase a París a estudar co prestixioso director de orquestra George Pehlivanian.

Está en posesión do premio Batuta do Maestro Tomás Bouffartigue entregado polo Ministerio da cidade da Habana (Cuba) e o premio do Patronato da Orquestra OUSAT de México como mellor director invitado da tempada 2015/2016.

Foi invitado a dirixir algunhas das formacións mais importantes do panorama musical: Orquestra Sinfónica Nacional de Costa Rica, Orquestra e Banda Sinfónica Nacional de Cuba, Orquestra Sinfónica S.XXI Cidade de Madrid, Symphony Orchestra of Sherbone-Inglaterra, Orchestre Symphonic Cholet Ville-Francia, Symphonic Orchestra Calatanissetta-Sicilia, Symphony Orchestra of Northem France, Orquestra Sinfónica Cidade de Valencia, Banda Municipal de Santiago de Compostela, Chamber Orchestra of High Studies Academy Berlín ou a Orquestra Sinfónica do Collegium Musicum de Bos Aires-Arxentina, entre outras. En España fixo unha importante labor con xoves agrupacións sinfónicas como a Orquestra Sinfónica da Escola Superior de Cataluña.

MANUEL VILLAR TOUCEDA: nace en Valga. Con 15 anos pasa a formar parte da Banda de Música Municipal de Padrón como trompeta. Estudia música no Conservatorio Superior de Santiago, no Conservatorio Superior da Coruña, Madrid e Vigo, obtendo o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Santiago coas mais altas  calificacións.

Recibe  clases  dos  mestres  Justino  Prieto,  José  Vicente  Simeo,  José  Ortí,  Enrique  Rioja,  e Benjamín Moreno. Fai Pedagoxía Musical cos mestres Tomás Rábanos, Ana María Navarrete, Susa Herrera, Tomás Marco, Fernando Palacios e Joss Wuytack. Recibe  clases  de  Dirección  de  Banda  con  Adám  Ferrero,  Henri  Adams,  Carlos  Seráns,  Jan Cober,  Francisco  Javier  Gutierrez,  Pilar  Vañó  e  orquestación  con  Samuel  Adler.

Traballa  e  colabora  coa  Banda  de  Vilagarcía de Arousa,  Banda  da  División  Guzmán  El  Bueno  (Sevilla), Banda Sinfónica de Galicia, Banda Municipal da Coruña, JONDE, Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Orquestra e Coro de RTVE, entre outras agrupacións. Na  actualidade  é  o  Director  da  Escola  e  Banda  de  Música  Municipal  de  Valga. É  Master  en  Dirección  de  Orquestra  pola  Universitat  de  Valencia  co  Maestro  Cristobal  Soler,  Diploma Superior en Dirección de Orquesta e Banda Cum Laude co Maestro Navarro Lara, e Licenciado en Dirección de Orquesta e Banda pola Royal School of Music.