Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

XOGOS E ACTIVIDADES LÚDICAS ABREN A ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO, QUE CONTA CON MÁIS DE 80 NENOS INSCRITOS

- Os inscritos participarán en obradoiros educativos e rutas polo municipio divididos en dous grupos, un con base na Casa de Cultura de Valga e outro no Auditorio de Cordeiro

- Dez monitores e un grupo de voluntarios están ao coidado dos rapaces durante as actividades, que se desenvolven de luns a venres entre as 10 e as 13 horas

10/07/2017

A Escola de Verán gratuíta que o Concello de Valga organiza para favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións comezou esta mañá con xogos populares e actividades lúdicas nas que participaron os máis de 80 nenos inscritos divididos en dous grupos, un na Casa da  Cultura de Valga e outro no Auditorio Municipal, en Cordeiro.

Os rapaces, de entre 5 e 14 anos, poderán divertirse e compartir experiencias durante todo o verán con actividades lúdicas e educativas como as rutas turísticas “Valga a pé”, contacontos pola igualdade, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades e xogos populares, de mesa e na rede. Ademais, a programación inclúe os obradoiros Pequenos Chefs, Graffiti pola Igualdade, Educando pola Igualdade, seguridade con Protección Civil, A ciencia é divertida, As cousas pequenas contan, Contos co pintor Miró e o fotorroteiro “Rincóns de Valga”. As actividades levaranse a cabo de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.

Na mañá inaugural, un dos grupos realizou xogos, primeiro na Casa da Cultura de Valga e as súas inmediacións e, despois, no Parque Irmáns Dios Mosquera. Mentras, na explanada do Auditorio o outro grupo saltaba á comba, xogaba ao fútbol e algúns incluso facían de exploradores intentando avistar saltamontes ou grilos antes de repoñer forzas cunha merenda a base de produtos saudables. Cada día varios rapaces son designados como “Axentes Verdes”, o que os converte en responsables dos xoguetes e da recollida do lixo, concienciándose así sobre a importancia do coidado do medio ambiente.

Dez monitores e un grupo de voluntarios están ao coidado dos nenos e dirixen as actividades a realizar.

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.153119865236475.1073741879.131969484018180&type=1&l=1343d6711d