Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

O AUDITORIO ACOLLEU O CONCERTO DE CLAUSURA DA III MASTERCLASS DE TROMBÓN E TROMPETA

- Os vinte e seis alumnos de distintos lugares de Galicia e de España que participaron no curso actuaron xunto aos seus mestres Martin Schippers e Omar Tomasoni

- A interpretación de distintas pezas musicais ensaiadas durante esta semana estivo seguida da entrega de diplomas

15/07/2017

O Auditorio Municipal acolleu na tarde de onte o concerto de clausura da III Masterclass de Trombón e Trompeta que, organizada pola Escola de Música Municipal e o Concello, se imparteu dende o martes coa participación dun total de 26 alumnos tanto do municipio como do resto de Galicia e doutros lugares de España como Cádiz ou León.

Os alumnos –trece das clases de trombón e outros tantos das de trompeta- interpretaron varias pezas musicais ensaiadas durante toda esta semana acompañados polos seus metres, Martin Schippers e Omar Tomasoni, ambos membros da Royal Concertgebouw Orchestra, a orquestra sinfónica máis coñecida e respetada de Holanda.

O público gozou da música e, ademais, puido contemplar unha exposición de instrumentos e accesorios cedidos por Gallery Trumpets. O concerto rematou coa entrega de diplomas a todos os alumnos.

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.154759351739193.1073741883.131969484018180&type=1&l=7bb39aeb3f