Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

Escola de Música Municipal de Valga.
26/09/2008

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA
 
A Escola informa que do mércores 23 de setembro ao sábado 04 de outubro está aberto o prazo para inscribirse no curso 2008-2009 na Escola de Música nas oficinas do concello.
 
Ven a Escola de Música a tocar con nós.
Neste curso escolar 08/09 podes facer:
 
Si tes entre 3 e 7 anos podes bailar, cantar e tocar con Música e Movemento.
 
Dos 8 anos en diante traballa o ritmo musical, a entoación e a teoría en Linguaxe Musical, ao tempo que aprendes a tocar un instrumento, para máis tarde pasar a formar parte da Banda de Música, Agrupacións de Música deCámara, Big-Band e demáis agrupacións da Escola.
 
Algunha das Actividades que realizamos na Escola de Música actualmente son:
 
·        Preparación para o ingreso no Conservatorio dos alumnos de Grao Profesional-TEMOS NAS PROBAS DE INGRESO AOS CONSERVATORIOS UN 100% DE APROBADOS
·       Música con maiores
·       Concertos durante todo o curso
·       Concertos Didácticos
·       Saídas Culturais-Didácticas
·       Campamento Musical de Verán
 
Este curso como novidade comenzan a andar as clases de acordeón, gaita - percusión folclórica, baile galego e danza.
 
Na actualidade esta Escola de Música leva funcionando 11 anos baixo a dirección de Manuel Villar; dos cales podemos destacar a grande demanda entre o alumnado peque a partir dos 3 anos, e a boa formación dos nosos músicos con profesorado de grande nivel musical tendo na actualidade 130 alumnos.
 
     Esta Escola de Música comeza a súa andaina en setembro de 1995, con 50 alumnos e 2 profesores, impartíndose as clases de Linguaxe Musical e Música e Movemento.
Na actualidade conta con 15 profesores, 130 alumnos, Agrupación Vocal, os Grupos Instrumentais de Vento-madeira, Vento-metal, Percusión, Grupo Orff , Banda Peque, Banda de Música e Big Band.
 
A Banda de Música fai a súa presentación no I Festival Letras Galegas do ano 1999 con grande éxito de crítica, participando a partir desta data en:
¨      FESTIVAIS DE BANDAS DE MÚSICA
¨      FESTIVAIS DAS LETRAS GALEGAS.
¨      CAMPAMENTOS DE VERÁN en Allariz, Lugo, Portomarín (Galicia), Luarca (Asturias), León, Zamora, Palencia (Comunidade de Castela-León) con concertos nestas cidades e Tortosa (Cataluña) con concertos na Provincia de Tarragona.
¨      CONCERTOS TEMÁTICOS DE NADAL, FIN DE ANO, ENTROIDO, SEMANA SANTA.
¨      CONCERTO-ESPECTÁCULO DE LUZ E SON.
¨      CONCERTOS DIDÁCTICOS dirixidos aos alumnos de infantil, primaria e secundaria con adaptación ás distintas idades escolares como:
٧         A MÚSICA EN AMÉRICA.
٧         ESTILOS DE MÚSICA QUE TOCA A BANDA.


٧      OS SOLISTAS NA BANDA.
٧      UN DÍA DE MELODÍAS POPULARES COA BANDA. 
¨Presenta o 1º traballo discográfico en CD “MELODÍAS POPULARES” e VIAXA A BOS AIRES (ARXENTINA) en marzo de 2005.
Así mesmo tamén participa activamente nos Certamenes de Bandas de Música como no:
¨I CERTAME DE MÚSICA DE CINE “VILLA DE RIBADEO”, xullo de 2003.
¨      III CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, outubro de 2003.
¨      IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, outubro de 2004.
¨      V CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, outubro de 2005, acadando o 3º PREMIO NA 3ª SECCIÓN.
¨      I CERTAMEN NACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA, “VILLA DE MAGALLÓN-ZARAGOZA”, setembro de 2006, acadando o 3º PREMIO.
¨      VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, outubro de 2006, acadando o 2º PREMIO NA 3º SECCIÓN.
¨      VIII CAMPAMENTO DE VERÁN en Segovia (Comunidade de Castela- León) con concerto nesta cidade, agosto de 2007.
¨      VIII CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA, “VILLA DE ARANDA-BURGOS”, agosto de 2007.
¨      VII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, outubro de 2007, acadando o PREMIO E MENCIÓN DE HONRA NA 2º SECCIÓN.
¨      I CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA, “XUNTA DE GALICIA”, novembro de 2007, acadando o PREMIO NA 2º SECCIÓN.
¨      I CONCURSO ZONAL DE BANDAS DE MÚSICA, “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA”, xullo de 2008, acadando o 2º PREMIO NA 1ª SECCIÓN.
 
O DIRECTOR:
 
Manuel Villar Touceda nace en Valga (Pontevedra) o 5/11/69; con 15 anos pasa a formar parte da Banda de Música Municipal de Padrón como trompeta.
 
Estuda o primeiro curso de música no Conservatorio Superior de Santiago, máis tarde cursa no Conservatorio Superior da Coruña, Madrid, Vigo, acadando o Título Superior de Trompeta no Conservatorio Superior de Santiago coas máis altas cualificacións.
 
Recibe clases dos mestres Justino Prieto, José Vicente Simeo, José Ortí, Enrique Rioja, e Benjamín Moreno.
 
Estuda Pedagoxía Musical cos mestres Tomás Rábanos, Ana Mª. Navarrete, Susa Herrera, Tomás Marco, Fernando Palacios,e Jos Wuytack.
 
Fai Dirección de Banda con Adám Ferrero, Henri Adams, Jan Cober, López Cobos, Carlos Seráns e Orquestación con Samuel Adler.
 
Traballa e colabora coa Banda de Vilagarcía, Banda da División Guzmán El Bueno (Sevilla), Banda Sinfónica de Galicia, Banda Municipal da Coruña, JONDE, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra e Coro de RTVE,etc.
 
Traballa como profesor de Vento-Metal na Escola de Música Municipal Caldas de Reis e como profesor de Trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
 
Foi Presidente da Sociedade Cultural Banda de Música Municipal de Padrón.
 
Na actualidade é o Director da Escola e Banda de Música Municipal de Valga, Vocal de AGEMM, Vocal na Federación Galega de Bandas de Música e Profesor de Música en Secundaria.