Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

Oficina Municipal de Información Xuvenil

OMIX

04/10/2012
NOVAS:                                                                                                                                 
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), está situada na planta baixa do edificio do Concello, forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, que depende da Consellería de Traballo e Benestar e concretamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 
A OMIX ten como funcións fundamentais a realización do carné xove para mozos/as menores de 30 anos, este carné permite realizar descontos nunha serie de tendas, medios de transporte, museos,… . O seu custe é de 6€ e ten unha duración de 2 anos.
 
Esta oficina tamén realiza unha labor informativa, para que os/as mozos/as do concello poidan ter acceso a todas a novas que poidan xurdir en calquera do ámbitos que a eles lles poidan interesar.
 
 Proporcionase información sobre:
 
-      Ensino (ciclos, carreiras universitarias, cursos, formación profesional, cursos de idiomas no estranxeiro, ...)
-      Axudas que as diferentes consellerías, deputación ou concello poidan conceder en materia de educación, cultura, vivenda, deportes, ...
-      Promoción das distintas campañas que presenta a Consellería de Traballo e Benestar, a Consellería de Cultura e Turismo, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ... .
-      Información sobre ofertas de emprego público e privado e orientación sobre técnicas de búsqueda de emprego (elaboración de curriculums, cartas de presentación, preparación de entrevistas de traballo, busqueda de emprego a través de internet), cursos, xornadas formativas, ... .
 
Organiza e colabora en diferentes actividades lúdico-culturais:
-    Intercambio Amigos/as o mar e da montaña.
Vai dirixido a mozos/as do concello e que se realiza entre diferentes concellos da comarca.
 
-    Escola de Teatro do Concello de Valga.
Creouse no ano 2006 e que na súa andaina xa representou diferentes obras no Auditorio Municipal ( “O testamento do Nacho”, “ A consulta do doutor”, “Eche unha desgracia”, “A visita do Inspector”, “Contigo pan e cebola”, “ A Cerilleira” en colaboración coa Asoc. ASMIVALU).
-      Festival Interxeracional do Concello de Valga.
Contaentre outras actividades co proceso de Elaboración do pan, no que se sementa, sega, malla e moe o trigo, rematando coa Romaría do Trigo onde se degustan produtos elaborados con esta materia prima e na que participan os diferentes centros educativos do concello.
 
-       Festivais de Verán e Nadal.
Nesta actividade participan moitos rapaces realizando representacións teatrais, playbacks, actuacións musicais en directo,
-       Festa da Xuventude.
Na que se organizan diferentes xogos e actividades deportivas (mundialito de futbito, campionato de brilé, a busca do tesouro, xogos acuáticos, o pano, turrasoga, ...).
 
 Para calquer tipo de consulta contactar con:

Juan Ramón Angueira Castiñeiras
Telf: 986 55 94 56
Fax: 986 55 94 55
Avenida da Coruña, 14
36646 Valga (Pontevedra)
 
 Rede Galega de Información Xuvenil