Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

Asociación de viticultores Ribeira de Arousa
03/11/2008

HISTORIA

  

   As nosas terras foron destinadas ó cultivo de viñas desde tempos inmemoriais, destinando fundamentalmente a producción obtida ao autoconsumo.

    O cultivo da vide foi dende antigo unha actividade de interese, e a venda dos productos derivados (viño e augardente) unha importante fonte de ingresos e parte destacable na renda dos agricultores da nosa comarca.

    Antigamente viña xente de outras comarcas nas cales non existía tradición vitícola, a buscar o viño para todo o ano. Testemuña evidente da producción vitivinicola é tamén o Rexistro Vitícola elaborado pola Consellería de Agricultura no que se recolle que existe unha gran superficie de viñedo na nosa zona.

 

     Os concellos de Catoira, Dodro, Pontecesures e Valga non estaban amparados por unha protección específica que amparase os viños da zona.

 

    O 14/02/2003, un grupo de viticultores constitúen en Cordeiro, Valga, unha asociación sen ánimo de lucro, denominada “Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa”, co obxectivo de negociar coa Administración para acadar unha denominación especifica que ampare os viños da zona.

 

    O 18/12/2006 vense cumpridos os seus obxectivos coa publicación no DOGA da Orde do 11 de decembro de 2006, pola que se recoñece a indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria, modificada pola Orde do 28 de abril de 2008 (Doga 9 de maio de 2008) e se establecen as normas da súa utilización nos viños de mesa producidos na área xeográfica delimitada.

 

    A “Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa”, en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exerce fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial dos concellos de Catoira, Dodro, Pontecesures e Valga.

 

Son fins principais da Asociación:

 

a.         Axudar ó desenvolvemento rural nos concellos de Dodro, Catoira, Pontecesures e Valga.

b.         Velar polos intereses dos viticultores.

c.         Dar apoio os proxectos de interese para os colleiteiros.

d.         Fomentar a cultura do viño entre os nosos veciños.

e.         Tramitar ante as dependencias das Administracións os proxectos de interese.

f.          Potenciar a agricultura ecolóxica entre os colleiteiros e demais agricultores da comarca.

g.         Procurar que estean presentes os nosos viños nas festas gastronómicas que se celebren no ámbito da asociación sempre que estean debidamente etiquetados.

h.         Todos aqueles outros proxectos que sexan de máximo interese para os colleiteiros e agricultores, e que non se mencionasen.

 

    Poderán ser integrantes da Asociación as persoas físicas con capacidade de obrar e as persoas xurídicas que reunan os seguintes requisitos:

 

a.         Ser colleiteiro de viño dentro do ámbito territorial da asociación.

b.         Todalas persoas que teñan plantacións de viñedos dentro do seu ámbito territorial.

c.         Todolos adegueiros que elaboren viño albariño e outras variedades autorizadas.

d.         Todas aquelas persoas que coa súa laboura axuden a desenvolver e potenciar os fins que persigue a Asociación.

 

 

Xunta directiva da Asociación de Viticultores Ribeira de Arousa:

 

Presidenta:                              Mª Dolores Lobato Rey

Vicepresidenta:                        Ramona Lorenzo Mariño

Tesoreiro:                               Ramón Campaña Ferro

Secretario:                             Raúl Isorna Rey

 

Vogais:                        Andrés Lobato Campaña

                                   José Frieiro Frieiro

                                   Eugenio Eiras Barreiro

                                   Candido Campaña Ferro

                                   Juan Francisco Conde Lorenzo

                                   Esteban Abuín Rey

                       

 

    O domicilio principal e permanente da Asociación radica na localidade de Valga, Auditorio Municipal. Ferreirós, nº 1-A. Cordeiro. 36645-Valga. Pontevedra.

Teléfonos: 629-874980 e 655-669846.

Correo electrónico: asociacionribeiradearousa@gmail.com

 

 

      Un dos obxectivos da asociación, a conquerir no seu ámbito, e a de que os asociados acadaran a mellor formación tanto a nivel teórico como práctico para logo ese coñecemento poder aplicalo nas súas explotacións vitícolas, asi como a implicación da xente moza no desenvolvemento rural para que non abandonen as explotacións agrícolas (viñas) herdadas dos nosos pais.

 

      Co fin de conquerir estes obxectivos a Asociación están a realizar varios cursos formativos.