Concello de ValgaXimnasio municipal.

Situación:
O Ximnasio Municipal de Valga atópase adherido ó Pavillón Municipal de Beiro, un pouco máis arriba do Colexio de Primaria de Cordeiro.
Obxetivos do Ximnasio:
” Promover a vida sana entre os usuarios. † Modelar o aspecto físico a través dun entrenamento continuado. ” Ofrecer un servizo de prevención de enfermidades e doenzas. † Servir como base ou suplemento no entrenamento de deportistas. ” Facilitar as relacións sociais entre os usuarios incluíndo as relacións interxeracionais. † Establecer unha alternativa activa de ocio e tempo libre.
Instalacións:
Ximnasio Municipal: Consta dunha sala de
Vestiarios: O ximnasio dispón dun vestiario de homes e outro de mulleres, cada un deles duns 60m2 e dotados con 2 WC, 4 pías, 4 cabinas de ducha e zona de mudas separada.
Pavillón de Beiro: Valga conta cun dos pavillóns máis grandes da zona. No seu interior hai pintadas 3 pistas de tenis, unha de individuais e dúas de dobres; as tres suficientemente separadas entre sí. Tamén hai pintadas na súa pista de madeira os campos de fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol e bádminton. Ademáis dos vestiarios normais, o pavillón conta con vestiarios para monitores e árbitros.
Servizos:
Ximnasio Municipal: Haberá un monitor sempre presente na sala que axudará á comprensión dos movementos e facilitará un programa de exercicios adecuado a cada persoa segundo o obxetivo que se queira conseguir: queimar calorías, perder peso, mellorar a postura, conseguir máis masa muscular, manter a forma física, tonificar os músculos, realizar actividade física por ocio, mellorar a forza, mellorar a resistencia, mellorar nun determinado deporte, etc. Cada certo tempo ditos programas de exercicios variaranse para manter unha progresión adecuada no entrenamento de cada usuario.
Pavillón Municipal de Beiro: Últimamente estanse a realizar distintas actividades no pavillón: tenis para nenos, tenis para adultos, karate e baile tradicional. Actualmente tamén existe a posibilidade de reservar hora para ir xogar ós deportes que máis che gustan no Pavillón Municipal de Beiro. Ademáis haberá facilidades como: a posibilidade de reservar a mesma hora da semana todo o mes ou un 20% de desconto se reservas máis dunha hora dentro da mesma semana.
Contacto:
Para todo aquel que queira disfrutar das instalacións anteriormente descritas poderá acercarse ó Ximnasio ou solicitar información no teléfono 619922911 (Toño).
HORARIOS DO XIMNASIO Mañás: De luns a venres de 9:00 a 12:30 Tardes: De luns a venres de 18:00 a 23:00
|
TARIFAS E PREZOS DO XIMNASIO MUNICIPAL |
||
|
TIPO DE BONO |
PREZO (IVA INCLUÍDO) |
|
|
|
EMPADROADOS |
NON EMPADROADOS EN VALGA |
|
ENTRADA INDIVIDUAL (1 DÍA) |
2,30 € |
3,00 € |
|
|
|
|
|
BONO MENSUAL |
19,00 € |
25,00 € |
|
BONO TRIMESTRAL |
53 € |
71 € |
|
|
|
|
|
BONO MENSUAL MATINAL |
14,20 € |
19,00 € |
|
BONO TRIMESTRAL MATINAL |
40 € |
53 € |
|
|
|
|
|
BONO FAMILIAR (2 persoas: pai + fillo, nai + filla, pai + filla ou nai + fillo) |
28,50 € |
38 € |
|
BONO TRIMESTRAL FAMILIAR |
80 € |
106 € |