Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da actividade

ESCOLA DE TEATRO DE VALGA
15/01/2008

                           

               

     A Escola de Teatro do Concello de Valga comeza a súa andaina no mes de Xaneiro de 2007 co obxectivo de dar cabida ás inquedanzas teatrais dun grupo de veciñ@s de Valga.

     Formada inicialmente por 18 persoas de diferentes idades conta na actualidade de 46 integrantes nos que destacamos a interxeracionalidade posto que están representadas tódalas idades, dende nenos de 5 anos ata maiores de 77.

 

A primeira montaxe foi “O Testamento do Nacho” unha adaptación ó galego da obra de teatro “El testament del Nasi” da escritora catalana Ángels Garriga (1898-1934). Coordinaron a obra Juan Ramón Angueira Castiñeiras e Begoña Piñeiro Busto. Estreouse o 3 de xuño de 2007 no Auditorio Municipal de Valga e o reparto foi o seguinte:

  

-Nacho:             Erundina Martínez Sanmiguel

-Manuela:         Encarna García Castro

-Notario:           Ramón Pereira Comparada

-Fina:                Ermitas Devesa López

-Carmen:           Mercedes Buceta Magariños

-Ramón:            Herminia López López

-Lola:                 Dolores Carril Santiago

-Feireante:         Matilde Rodríguez Touceda

-Feireanta:        Esther Barreiro Miguéns

-Figurantes:       Sara, Rebeca e Nerea.

Tanto a escenografía como o vestiario correu a cargo do concello de Valga.

Esta montaxe foi representada varias veces despois da estrea:

-Valga, Casa da Cultura: agosto 2007

-Pontecesures:xaneiro 2008

-Poio: maio 2008

-Rois: será en novembro de 2008

 

A segunda montaxe da Escola de Teatro foi “A Consulta do Doutor”, obra de Fina Casalderrey que se centra na historia do doutor “Valepatodo”, que é como o alcuman cariñosamente todos os veciños e que ten unha consulta na que realiza funcións de dentista, oculista, xinecólogo...

A coordinación desta segunda montaxe foi de Juan Ramón Angueira Castiñeiras e de Begoña Piñeiro Busto. Estreouse o 1 de xullo de 2007 no Auditorio Municipal de Valga co seguinte reparto:

-Nai:                 Antía Pereiras Fernández

-Filla:                 Nerea Chenlo Cancela

-Xoán:               María Arufe Fernández

-Matilde:           Celia Bermúdez Barros

-Pepiño:            Raquel Bustelo Barreiro

-Pilar:               Rebeca Oliveira García

-Doutor:            Isabel Touceda López

-Enfermeira:       Andrea Ríos Gago

-Maruja:            Jessica Senín Magán

-Muller:             Verónica Calviño Ferreirós

-Home:             Sara Seco Rial

Escenografía e vestiario: Concello de Valga

 

Representada despois da estrea:

-Valga:      Casa da Cultura:        agosto 2007

                Auditorio:                  maio 2008

-Pontecesures:           xaneiro 2008

-Poio:        maio 2008

-Rois:        será en novembro de 2008

 

A terceira montaxe foi “A visita do inspector”, obra de Fina Casalderrey, unha obra sinxela na que recreamos unha aula onde os alumnos se divirten, a mestra non pode con eles e o inspector acaba sendo Julio Iglesias. Coordinada por J.Ramón Angueira e Begoña Piñeiro. Estreouse o 23 de nadal de 2008 no Auditorio Municipal de Valga co seguinte reparto:

  

Mestra:             Isabel Touceda López

Alumna 1:          Judith Castaño Bandín

Alumna 2:         Raquel Bustelo Barreiro

Alumna 3:         Rebeca Oliveira García

Alumna 4:         Andrea Ríos Gago

Alumna 5:         Sara Seco Rial

Alumna 6:         Antía Barreiro Barreiro

Alumna 7:         Andrea Carlés Barreiro

Alumna 8:         Nerea Chenlo Cancela

Nai:                 Verónica Calviño Ferreirós

Embarazada:      Celia Bermúdez Barros

Inspector:          Encarna García Castro

Escenografía e vestiario: Concello de Valga

 

Representada despois da estrea:

Valga:       Casa da Cultura: agosto 2008 (Festa da Anguía e Caña do País)

                Auditorio: maio 2008 (Festival das anpas)

Pontecesures:    setembro 2008

Rois:          nadal de 2008

 

A cuarta montaxe foi Eche unha desgraza de Fina Casalderrey, unha obra en dous lances. No primeiro unha familia da aldea chora pola morte dunha vaca, mentras que no segundo uns señoritos da cidade choran pola morte dunha cadeliña... Coordinada por Juan Ramón Angueira e Begoña Piñeiro estreouse o 30 de nadal de 2007 no Auditorio Municipal co seguinte reparto:

 -Velliña:            Erundina Martínez Sanmiguel

-Muller Avellentada:    Mercedes Buceta Magariños.

-Vello:               Ermitas Devesa López

-Moza Garrida:   Esther Barreiro Miguéns

-Neta 1:            Antía Barreiro Barreiro

-Neta 2:            María Arufe Fernández

-Neto 3:            Samuel García Campos

-Señorita:         Carmen Sanmiguel López

-Señorito:         Ramón Pereira Comparada

-Criada:             Herminia López López

-Carmiña:         Lola Carril Santiago

-Pepe:               Ramón Fernández Chenlo

Escenografía e vestuario: Concello de Valga.

 

Representada despois da estrea:

Valga:       Casa da Cultura agosto 2008 (Festa da Anguía e Caña)

               

A seguinte aposta da Escola foi a representación teatral de “Escenasde Matrimonio” baseada no famoso programa da televisión. Coa mesma coordinación estreouse o 19 de marzo de 2008 no Auditorio Municipal e contou co seguinte reparto:

-Mozo:              Beatriz Fernández Cajaraville

-Moza:              Isabel López Sanmiguel

-Moncho:           Ramón Fernández Chenlo

-Marina:            Encarna García Castro

-Avelino:           Ramón Pereira Comparada

-Pepa:               Carmen Sanmiguel López

 

Esta obra volveuse representar cos guións ampliados no Auditorio Municipal en xuño de 2008.

 

Dende febreiro de 2008 a escola de teatro conta cun mestre de interpretación. Froito das súas clases foi a Mostra dos traballos da Escola de Teatro que tivo lugar o 6 de Xullo de 2008 no Auditorio Municipal.

 

Membros da nosa escola participaron como figurantes na nova curta de Jairo Iglesias, premio Mestre Mateo ó mellor de director,  “Campás” que foi rodada no noso concello no mes de outubro.

 

A Escola de Teatro continúa traballando. Estamos pendentes de novas actuacións ó mesmo tempo que empezamos a preparar obras novas.

 

Tamén van protagonizar a celebración da Batalla de Casaldeirigo con motivo do seu bicentenario en abril de 2009.

INFORMACIÓN ESCOLA DE TEATRO

 AUDITORIO:  BEGOÑA:  986 55 67 69 / 679 61 09 22

CONCELLO:  JUAN RAMÓN:  986 55 94 56