Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

EXPOSICIÓN: AS PAISAXES DA AUGA

UN PERCORRIDO POLA ROTA DA AUGA

22/07/2010

A Exposición "AS PAISAXES DA AUGA" foi elaborada polo I.E.S. de Valga dentro do proxecto da Axenda 21 e en colaboración co concello.

Fai un percorrido en imaxes pola rota da auga do concello: Fervenzas, río, lagoas e prais, muíños, lavadoiros, fontes e mananciais.

Pode visitarse no Auditorio, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 horas.

A Oficina de Turismo está a diseñar esta e outras rotas para todos os que queiran coñecer as paisaxes e o patrimonio cultural do noso concello.

ROTA FERRO COUSELO para familiarizarse coa vida e obra do escritor.

ROTA DOS MUÍÑOS, para descubrir os elementos movidos polo vento ou a auga.

ROTA DA PRAIA FLUVIAL, na que se pode disfrutar dos encantos do río Ulla, do espazo natural de Vilarello e do seu entorno.

ROTA MINA MERCEDES, caracterizada por unha gran lagoa de auga doce e importante valor ecolóxica.

ROTA DAS FERVENZAS, para deleitarse cos saltos de auga do río

ROTA DA CAMELIA, relacionada coa flor que lle da nome e que tanta importancia ten na Exposición da Camelia.

ROTA DO CAMIÑO PORTUGUÉS, que se centra no itinerario Xacobeo.

INFORMACIÓN:

OFICINA DE TURISMO