Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

AUDITORIO MUNICIPAL DE VALGA

CORDEIRO - FERREIRÓS 1 A

TELÉFONO: 986 55 67 69

auditorio@valga.es

01/09/2010

AUDITORIO MUNICIPAL DE VALGA

  • Valga é un municipio da provincia de Pontevedra.
  • Situación

            Está delimitado ao norte polos municipios de Dodro, Pontecesures e Padrón; Catoira e Caldas de Reyes polo sur; Cuntis e A Estrada polo leste e Rianxo e Dodro polo oeste.

  • Xeografía
  • Superficie: 40,5 km².
  • Demografía
  • Poboación: 6.026 habitantes.
  • Parroquias: 5. Estas parroquias son:
  • Xanza
  • Setecoros
  • Cordeiro
  • Valga
  • Campaña
  • Entre as infraestructuras das que dispón o concello, está  o Auditorio Municipal sitúado na rúa Ferreirós, 1 A, parroquia de Cordeiro.

CARACTERÍSTICAS FÍSICAS DO AUDITORIO DE VALGA

  • As entradas ao Auditorio non presentan ningún tipo de barreiras

    arquitectónicas mostrando unha accesibilidade integral para

   usuarios de mobilidade reducida.

  • Conta con catro plantas: planta soto, planta baixa, planta primeira,

     segunda planta e baixo cuberta.

  • A planta soto está destinada a Escola de Música, Biblioteca Municipal, Aula de Novas Tecnoloxías, Aula de Coral, Aula de Servizos múltiples e baños.

A Planta baixa é a entrada principal ao Auditorio e conta con recepción, cafetería, oficina de Administración e información e baños.

  • A Planta primeira conta con dúas salas. A Salas Vermella, Sala Azul e baños.
  • A sala Vermella con 75 butacas, rack de control con sistema proxector de video, dvd, portátil e conexión con el Auditorio.
  • Esta planta ten acceso

    ao Auditorio.

  • A Sala Azul con

    43 butacas

            e sistema de videoconferencia.

A Planta segunda comprende o Centro de Día destinado a persoas da Terceira Idade.

  • O baixo cuberta está conformado por unha gran sala destinada a sala de lectura así como sala de exposicións. Así mesmo consta de tres despachos.

En todo o centro os diferentes espacios están comunicados por amplios corredores que facilitan a circulación e accesibilidade dos usuarios. As portas e zonas de paso permiten o desprazamento e a maniobralidade con cadeiras de rodas.

A organización espacial está concebida con salas que formentan o encontro, o contacto social e a vida en comunidade na cal se integran outros espazos de menor entidade que facilitan a intimidade.

DOTACIÓNS ESCÉNICAS

O Auditorio de Valga dispón das seguintes dotacións que a continuación relacionamos:

  • ESCENARIO:
  • Alto:               11,00 m.
  • Largo:             15,25 m.
  • Fondo:             12,50 m.
  • Tarima:            158,00 m²
  • Alto:               0,70 m.

            Dispón tamén de:

  • Cámara negra.
  • Toma de corrente no escenario para equipos en xira de 100.000 w.
  • Cabina de luz e son.
  • 4 varas electrificadas.
  • 4 varas para tramoia.
  • Sinal de vídeo.

CONDICIÓNS SÁ DE BUTACAS

  • Climatización.
  • Calefacción.
  • Insonorización.
  • Posibilidade de negro absoluto
  • 510 + 10 = 520 BUTACAS.

DOTACIÓNS TÉCNICAS

  • Conta cos mellores equipos de son, vídeo e de iluminación así como 1 PANTALLA DE PROXECCIÓN SPACE 
  • Pantalla de proxección frontal de accionamiento eléctrico. 200” 5 x 3,75.

CAMERINOS

  • 4 Camerinos.
  • Cada un deles dispón de:
  • Inodoro e lavabo.
  • Duchas con auga fría e quente.
  • Espacio para o ferro de pasar.

OUTROS SERVIZOS

  • Aparcamento alternativo.
  • Montacargas.
  • Ascensor.
  • Calefacción / Aire acondicionado

COMO CHEGAR A VALGA

  • Sitúada no berce da ría de Arousa, Valga atópase sitúada estratéxicamente. O concello de Valga está integrado na Mancomunidade dos municipios Ulla-Umia formada polos concellos de Caldas, Catoira, Cuntis, Moraña, Portas, Pontecesures e Valga.
  • Dúas estradas importantes atravesan o termo municipal. Paralela á primeira discorre a autopista AP-9. Estas dos vías comunican rápidamente Valga coa capital de Galicia, así como tamén con outras vilas importantes como Vilagarcía de Arousa ou Pontevedra.

COMO CHEGAR AO AUDITORIO

  • Ao chegar a Pontecesures na rotonda coller a C-548 dirección a Vilagarcía de Arousa. A altura de Cordeiro xunto á fonte de pedra coller á dereita. Arredor dos trescentos metros atópase o Auditorio.

DISTANCIAS

  • Desde A Coruña (98 Km.) e Santiago (26 Km.): A-P 9 o N-550 dirección Pontevedra.
  • Desde Pontevedra (33 Km.): A-P 9 ou N-550 dirección Santiago.
  • Desde Vigo (59 Km.): A-P 9 ou N-552/N-550 dirección Pontevedra e Santiago.
  • Desde Tui (80 Km.): N-550 ou A-55 ata O Porriño e desde alí N-550 dirección Pontevedra e Santiago.
  • Desde Lugo (122 Km.): N-547 ata Santiago, onde se colle a  A-9 ou  a N-550 dirección Pontevedra.
  • Desde Ourense (100 Km.): De Ourense a Porriño pola A-52 dirección Vigo e, desde Porriño ata Valga directamente pola N-550 dirección Pontevedra e Santiago, ou pola N-550 ata Pontevedra e de alí a Valga pola A-9.

 

 


Ver Auditorio de Valga en un mapa más grande