Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

XIMNASIO MUNICIPAL

Concello de Valga

19/11/2012

 


Situación:

O Ximnasio Municipal de Valga atópase adherido ó Pavillón Municipal de Beiro, un pouco máis arriba do Colexio de Educación Primaria de Cordeiro.

 

Obxetivos do Ximnasio:

            Están orientados de cara a mellora da saúde física e o benestar dos habitantes de Valga e arredores. Algúns destes obxetivos son:

  Promover a vida sana entre os usuarios.

 Ofrecer un servizo de prevención de enfermidades e doenzas.

  Establecer unha alternativa activa de ocio e tempo libre.

  Servir como base ou suplemento no entrenamento de deportistas.

 Modelar o aspecto físico a través dun entrenamento continuado.

  Facilitar as relacións sociais entre os usuarios incluíndo as relacións interxeracionais.

 

Instalacións:

Ximnasio Municipal: Consta dunha sala de 246m2 con zona Cardiovascular, zona de aparellos de musculación, zona de pesos libres e zona de colchonetas e espaldeiras para abdominais, estiramentos e exercicios de solo; todo isto rodeado de diversos espellos para un perfecto control á hora da realización dos exercicios.


Vestiarios: O ximnasio dispón dun vestiario de homes e outro de mulleres, cada un deles duns 60m2 e dotados con 2 WC, 4 pías, 4 cabinas de ducha e zona de mudas separada.

Pavillón de Beiro: Valga conta cun dos pavillóns máis grandes da zona. No seu interior hai pintadas 3 pistas de tenis, unha de individuais e dúas de dobres; as tres suficientemente separadas entre sí. Tamén hai pintadas na súa pista de linóleo os campos de fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol e bádminton. Ademáis dos vestiarios normais, o pavillón conta con vestiarios para monitores e árbitros.

 

Servizo:

Ximnasio Municipal: Haberá un monitor na sala que axudará á comprensión dos movementos e facilitará un programa de exercicios adecuado a cada persoa segundo o obxetivo que se queira conseguir: queimar calorías, perder peso, mellorar a postura, conseguir máis masa muscular, manter a forma física, tonificar os músculos, realizar actividade física por ocio, mellorar a forza, mellorar a resistencia, mellorar nun determinado deporte, etc. Cada certo tempo ditos programas de exercicios variaranse para manter unha progresión adecuada no entrenamento de cada usuario.

Pavillón Municipal de Beiro: Actualmente estanse a realizar distintas actividades no pavillón:

  Tenis

  Karate

 Patinaxe artística

  Cursos de patinaxe para adultos

  Fútbol base

  Ximnasia de mantemento

  Pilates

  Aeróbic-step.

Tamén existe a posibilidade de reservar hora para ir xogar ós deportes que máis che gustan no Pavillón Municipal de Beiro. Ademáis haberá facilidades como: a posibilidade de reservar a mesma hora da semana todo o mes; un 20% de desconto se reservas máis dunha hora dentro da mesma semana; ou un 50% se alugas só unha das pistas de tenis (hai 3).

 

Contacto:

 

Todo aquel que queira disfrutar das instalacións poderá acercarse ó Ximnasio ou solicitar información no teléfono 619922911 (Toño).