Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

PROGRAMA PRE LABORA

Mozos/as de 18-30 anos

07/05/2013

O concello presentou o venres 3 de maio o programa PRELABORA a 143 xóvenes en idades comprendidas entre 18-30 anos. A partir do 27 de maio, técnicos do Concello entrevistarán a cada un deles de forma individualizada para realizarlle o conseguinte itinerario profesional. 

PROGRAMA PRE LABORA

O Programa PRE LABORA,dirixido a xóvenes do Concello, ten como obxectivo, levar a cabo accións formativas dirixidas a creación de emprego, polo que se convocou a  unha xuntanza  co fin de  coñecer as necesidades formativas  e  situación laboral de cada un dos xóvenes. Este programa encádrase no  PLAN XOVEN FORMACIÓN-OCUPACIÓN,  dirixido a xóvenes de 18-30 anos.

Ademais, presentóuselle a novo espazo que se está implementando na web do concello, para que de forma actualizada  cada veciño de Valga poida coñecer as novidades en canto a temas laborais

Servizo de Formación, Orientación e Emprego

  • Orientación Laboral
  • Accións formativas
  • Intermediación Laboral
  • Sensibilización empresarial
  • Fomento da contratación
  • Información e difusión sobre o emprego.
  • Facilitación de recursos 

PLAN XOVEN FORMACIÓN-OCUPACIÓN, ten por obxectivo favorecer os procesos de transición escola-traballo dos mozos e mozas que, unha vez finalizada a etapa formativa de secundaria obrigatoria,  abandonan o sistema escolar sen ningún título.   

 

 

FORMACIÓN A DESENVOLVER

1.-Cursos da Conselleria de Traballo

2.-Cursos AQUELANDO. Deputación de Pontevedra

3.-Cursos da Dirección de Xuventude:

        Busca de Traballo no estranxeiro

        Preparación das entrevistas de traballo

        Técnicas de oratoria e comunicación

        Creación de Empresas

        COOPERATIVISMO.ESCOLA COOPERATIVA MÓBIL

        Cotizacións a seguridade social

        Subvencións e axudas.

4.-Cursos á carta , en horario de mañá, tarde ou noite . Estes cursos tamén se poden facer intensivos, adaptándose a cada  grupo de alumnos.

§        Prevención de Riscos Laborais dos distintos sectores(construción, metal, etc)

§        Carretillero e traspalé

§        Primeiros Auxilios

§        Palista

§        Manipulador de Alimentos

§        Animación Socio cultural

5.-   Rede CEMIT. Cursos de informática

Iniciación á informática e internet

Uso de redes sociais

Procesador de textos: Writer

Opera co teu banco a través da Internet, Organización de viaxes

Uso responsables das TIC

6.-  AULA MENTOR

7.-Cursos intensivos de idiomas , alemán, inglés e francés

ESCOLA DE IDIOMAS

AEVU Language School vai dirixido dende nenos ata adultos, así mesmo cursos especializados para empresas ou colectivos que demanden unha formación a carta. En canto ao horario, os grupos terán horarios de maña/tarde/noite dacordo coa demanda.

 O Centro de Idiomas Waterford está especializado no ensino de idiomas a todos os niveis e conta cun equipo docente de gran profesionalidade, así mesmo son centro examinador oficial de Trinity College London .Dende 2003  preparan  alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames evalúan o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumno e están recoñocidos en todo o mundo, polo que os nenos poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University. Asimismo, ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.

XORNADA DE AUTOEMPREGO PARA A MOCIDADE

O Concello en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e  Voluntariado, organiza  no marco do proxecto Emprende( aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP)) a XORNADA DE AUTOEMPREGO PARA A MOCIDADE que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.

Idades:  18  - 35 anos

Nº prazas : 25

DIA:29 MAIO

PRAZO: ATA CUBRIR PRAZAS

 

PROGRAMA VOLUNTARIADO

BOLSA DO VOLUNTARIADO.Faite voluntario.

Cal é a túa motivación, as túas razóns e intereses, para optar a ser voluntario. As túas ideas e a maneira en que entendes a vida, as relacións coa sociedade, poderalas aplicar no ben común. Todos os retos que tiñas no teu interior poderás compartilos coa xente que ten as túas mesmas inquietudes e cóbado a cóbado facer un mundo cada vez máis humano e solidario.

 

PRÁCTICAS FORMATIVAS

Os interesados en realizar prácticas de Formación Profesional, ou universitarias , así como de post grado poden facelo no Concello

 

 Información:

Servizo de Formación, Orientación e Emprego

Omix

Auditorio