Concello de Valga
Avda. da Coruña, 14. 36645 Valga (Pontevedra) concello.valga@eidolocal.es Tlf. 986 559456 Fax. 986 559455

Detalles da novidade

CIM VALGA (Centro de Información á Muller)

Teléfono da Muller

900 400 273

016

NON máis violencia

03/08/2015

Teléfono da Muller

O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e con cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Responde nel un equipo multidisciplinar coordinado cos diferentes profesionais de toda Galicia.

O Teléfono da Muller é o 900 400 273 ou tamén o 016

CIM Valga

O CIM (Centro de Información á Muller) é un servizo gratuito ao que poden acudir ás mulleres do Concello e os concellos limítrofes para solicitar información e asesoramento xurídico e psicolóxico nas cuestións que lles afecten.
Área xurídica

Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en Dereito de familia ( separacións,divorcios, pensións alimenticias, custodias….) así como outros aspectos de dereito como civil, administrativo, laboral.

Area Psicolóxica

Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade,depresión, baixa autoestima... Apoio e intervencións en caso de malos tratos e asesoramento en problemas de parella.

Información:

Servizos Sociais. Tfno: 986 55 94 56

CODI Tfno: 636 75 79 69