Accessibility Tools

A INDUSTRIALIZACIÓN E OS FESTEXOS

 

A INDUSTRIALIZACIÓN

Valga sempre tivo na súa rica agricultura e gandería, a principal base económica. Nembargante, a madeira, o caolín e o aluminio, foron os que promoveron a industria no noso concello.

A madeira xerou as primeiras iniciativas industriais coa instalación en Campaña, no 1910, dun pequeno serradoiro movido pola forza das augas do río Valga. A este seguiría outro en Ponte Valga e, logo, a serra e fábrica de Manuel Otero Bárcena, na Tarroeira. En todo caso, un dos establecementos máis significativos da Valga contemporánea foi a fábrica de ladrillos e tellas de Novo & Sierra, establecida en Campaña no ano 1921, que forneceu durante máis de 80 anos este tipo de materiais ás principais vilas galegas.

Esta fábrica foi unha das primeiras que en Galicia produciron cerámica para a construción por procedementos industriais modernos. Ata daquela, tellas e ladrillos eran fabricados por artesáns nas tradicionais telleiras ou cabaqueiras.

Na actualidade, a industrialización ten o seu compoñente máis representativo no sector do aluminio, que presenta unha proxección a nivel mundial.

A Batalla de Casaldeirigo  (27 de abril de 1809) destacou polo seu carácter heroico onde os veciños e veciñas de Valga, dirixidos por Pablo Morillo e o cura Concha, enfrontáronse ao poderoso exército de Napoleón que se viu obrigado á retirada por mor das baixas causadas.

A recreación que hoxe en día se fai, segue mesturando a tristura polos caídos coa ledicia dun día de celebración.

As festas relixiosas como A Candelaria, onde se fai o traslado dos lacóns na honra a San Paio, O Corpus, coas alfombras florais, ou o Nadal, representado no Belén Artesanal, non son as únicas que se celebran non noso concello.

Dende o ano 1989, Valga celebra a Festa da Anguía. No 1991, incorporase a esta celebración, a Mostra da Caña do País, ámbalas dúas declaradas de Interese Turístico.

 

LA INDUSTRIALIZACIÓN Y LAS FIESTAS

 

LA INDUSTRIALIZACIÓN

Valga siempre ha tenido en su rica agricultura y ganadería, la principal base económica. Sin embargo, la madera, el caolín y el aluminio fueron los que impulsaron la industria en nuestro municipio.

La madera generó las primeras iniciativas industriales con la instalación en Campaña, en 1910, de un pequeño aserradero movido por la fuerza de las aguas del río Valga. A este le seguiría otro en Ponte Valga y luego el aserradero y fábrica de Manuel Otero Bárcena, en Tarroeira. En cualquier caso, uno de los establecimientos más significativos de la Valga contemporánea fue la fábrica de ladrillos y tejas Novo & Sierra, establecida en Campaña en 1921, que abasteció, durante más de 80 años, de este tipo de materiales a las principales localidades gallegas .

Esta fábrica fue una de las primeras en Galicia en producir cerámica para la construcción mediante procedimientos industriales modernos. Hasta entonces, las tejas y ladrillos eran fabricados por artesanos en las tradicionales telleiras o cabaqueiras.

En la actualidad, la industrialización tiene su componente más representativo en el sector del aluminio, que tiene proyección a nivel mundial.

La Batalla de Casaldeirigo (27 de abril de 1809) destacó por su carácter heroico donde los vecinos y vecinas de Valga, dirigidos por Pablo Morillo y el cura Concha, se enfrentaron al poderoso ejército de Napoleón que se vio obligado a retirarse debido a las bajas causadas.

La recreación que se desarrolla hoy en día, continúa mezclando la tristeza por los caídos con la alegría de un día de celebración.

Las fiestas religiosas como la de La Candelaria, donde se hace el traslado de los lacones en honor a San Paio, O Corpus, con las alfombras florales, o la Navidad, representada en el Belén Artesanal, no son las únicas que se celebran fuera de nuestro municipio.

Desde 1989, Valga celebra la Fiesta de la Anguila. A esta celebración se sumó en 1991 la Mostra da Caña do País, ambas declaradas de Interés Turístico.

 

THE INDUSTRIALIZATION AND FESTIVITIES

 

INDUSTRIALIZATION

Valga has always had its main economic foundation in its rich agriculture and livestock. Nevertheless, it was wood, kaolin, and aluminum that promoted industry in our municipality.

Wood generated the first industrial initiatives with the establishment of a small sawmill in Campaña in 1910, powered by the waters of the Valga River. This one was followed by another in Ponte Valga, and later, the sawmill and factory of Manuel Otero Bárcena in Tarroeira. In any case, one of the most significant establishments in contemporary Valga was the brick and tile factory of Novo & Sierra, established in Campaña in 1921, which supplied these materials to the main Galician towns for over 80 years. This factory was one of the first in Galicia to produce construction ceramics by using modern industrial procedures. Until then, tiles and bricks were crafted by artisans in traditional tile factories.

Currently, industrialization has its most representative component in the aluminum sector, which has a worldwide projection.

The Battle of Casaldeirigo (April 27, 1809) stood out for its heroic character, when the residents of Valga, led by Pablo Morillo and the priest Concha, faced Napoleon's mighty army, which was forced to retreat due to the casualties.

The recreation held nowadays continues to mix the sorrow for the fallen with the joy of a day of celebration.

Religious feasts such as Candlemas (“A Candelaria”), where the passage of hams (“lacóns”) is done in honor of San Paio, Corpus Christi, with floral carpets, or Christmas, represented in the Artisan Nativity Scene, are not the only ones celebrated in our municipality.

Since 1989, Valga has been celebrating the Eel Feast (Festa da Anguía). In 1991, the Local Liquor Exhibition (Mostra da Caña do País) was added to this celebration, both declared of Tourist Interest.

boton extensions

boton obradoiro

Volver