Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O instituto participou, xunto a outros trece centros galegos, nunha feira para divulgar a súa ampla oferta formativa

- A director do CRA, Antía Piñeiro, ofreceu un relatorio sobre os colexios rurais valgueses, que son exemplo de innovación para toda Galicia

CongresoEscolaRural1

Valga, 6 de maio de 2024.

O colexios e o instituto valgueses atópanse, á vangarda educativa de Galicia e, para mostra, o II Congreso Nacional de Escola Rural que o pasado venres se celebrou en Ribadavia. A través do CRA e do IES o concello de Valga estivo dobremente representado nesta cita, que reuniu a unhas trescentas persoas relacionadas co sector educativo e a un total de corenta centros de toda España.

O evento, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Princesa de Girona e a asociación de Mestres de Colexios Rurais Agrupados de Galicia, foi inaugurado polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e contou coa presenza de representantes doutros gobernos rexionais. O obxectivo foi o de dar a coñecer o modelo educativo galego e, en particular, a educación rural e de proximidade, entendida como elemento de cohesión e desenvolvemento. Para iso celebráronse conferencias, expuxéronse diferentes proxectos educativos e exemplos de boas prácticas.

O IES Plurilingüe de Valga participou, xunto a outros trece centros de Galicia, na “Feira Escola Rural”, cun stand divulgativo sobre a ampla oferta formativa do instituto e as algunhas das actividades que nel se realizan. Pola súa parte, a directora do CRA, Antía Piñeiro, ofreceu o relatorio “Espazos de centros e aprendizaxe”, sobre o modelo educativo das escolas rurais valguesas, que son modelo e referencia para toda Galicia.

CongresoEscolaRural2        CongresoEscolaRural3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver