Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra “Galicia é como a vexo” pode verse durante todo este mes de maio

- Define a nosa terra como “exótica, misteriosa e bonita” e así trata de reflexala nos seus cadros

AlenaTruleva1

Valga, 8 de maio de 2024.

Alena Truleva é a artista que expón, durante este mes de maio, na sala de mostras do Auditorio Municipal.

De nacionalidade rusa e aos seus 33 anos de idade, Alena, arquitecta de profesión, trasladouse a Galicia fai aproximadamente dous anos coa súa parella, Anxo Rodríguez, veciño de Campaña. Establecéronse en Pontecesures, vila que protagoniza algunhas das obras que forman parte de “Galicia é como a vexo”. Rúas e edificios cesureños recoñécense nos trazos da pintora rusa, ao lado doutros espazos e paisaxes de Santiago ou Vigo, por exemplo. Construcións tradicionais galegas coma os hórreos, animais e flores son outros dos motivos que aparecen representados nos cadros.

“Para min Galicia é unha terra exótica, misteriosa e bonita. É diferente ao resto de España e tamén de Rusia. Hai moitos edificios antigos e moitas cores, cousa que non ten o meu país, onde é máis complicado pintar porque, por exemplo, en inverno hai moi poucas horas de luz”. Cousas “da vida ordinaria e do día a día ás que a xente non presta atención pero que teñen a súa beleza” é o que máis lle gusta pintar.

A relación de Alena Truleva coa arte e, en concreto, coa pintura vén dende cativa, dende “os dous ou tres anos”, lembra, e “sempre como afección”. Foi a clases e, ademais, na Universidade estudou durante varios anos materias relacionadas coas artes gráficas. A do Auditorio é a súa segunda mostra en Galicia. O verán pasado expuxo nun restaurante en Santiago, cunha gran acollida por parte do público. “Unha muller de Irlanda mercoume unha obra e un avó co seu neto tamén compraron un cadro co que tiveron unha conexión emocional. Nel aparecía un can que lles recordaba á súa mascota falecida”.

AlenaTruleva2 AlenaTruleva3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver